O vindeiro martes, 10 de febreiro, o estudantado de Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela, organizado baixo a agrupación asemblearia Matricula 0, convoca un paro académico parcial e manifestación ás 11 da mañá. O grao de Traballo Social da USC a dia de hoxe ten unha natureza moi peculiar: é de caracter privado e pertence a unha fundación relixiosa, pero está adscrito á USC e forma parte da súa oferta educativa. Esta é a realidade que o estudantado leva denunciando nos derradeiros dous anos e a que motiva a mobilización da vindeira semana.
Dende Corriente Vermella – Cuarta Internacional, queremos amosar a nosa solidariedade con e apoio as e os estudantes de Traballo Social da USC. A súa loita dase nun contexto onde a oferta de educación privada é cada vez maior no Estado Español namentres que a pública non recibe o financiamento para ofertar as plazas necesarias e dar resposta á demanda. Esta tendencia evidencia unha medrante desigualdade no acceso á educación, as plazas nas universidades públicas enchense, deixando unha decisión imposible para as persoas que non entran nelas: pagar prezos desorbitados para seguir estudando ou quedarse fora do sistema universitario.
Por todo isto, consideramos que é necesario apoiar ó estudantado, organizado e concienciado sobre a importancia da educación pública e accesible, fronte unha medrante comodificación da educación que priva de acceso a ela a grandes segmentos da clase obreira.
A continuación reproductimos o manifesto de plataforma «Matricula 0
O ESTUDANTADO ORGANIZASE POR UN GRAO DETRABALLO SOCIAL PÚBLICO E GRATUITO
O vindeiro martes, 10 de febreiro, o estudantado de Traballo Social voltaremos saír á rúa nunha manifestación para denunciar a situación de incertidume na que se atopa o noso grao. Como lembraredes, o 2 de abril do ano pasado nos manifestamos para esixir que o grao de Traballo Social pasase a ser completamente público. Como resposta á nosa mobilización, a USC e a Escola Universitaria de Traballo Social, mediante un artigo de prensa, anunciaron que para o curso 2026/27, ou sexa, o curso que vén, o centro pasaría a ser 100% público con todo o que iso supón: cotas iguais ás públicas, representación nos organismos estudantís e un cambio de mosteiro á facultade. Todo isto foi respaldado por unha declaración de intencións entre ambas entidades, emitida para apaciguar a situación e asegurar ó estudantado que o proceso xa estaba en marcha.
Non recibimos novas sobre a situación ata novembro do ano pasado, cando se nos comunicou dende a Escola de Traballo Social que os prazos establecidos de integración non se cumplirían. a día de hoxe, a USC aínda non emitiu ningún tipo de comunicado e,aparentemente, non ten intención de facelo. Tivo que haber un esforzo por parte do estudantado para contactar coa institución e recibir algún tipo de explicación, sendo esta tachada como “un exceso de optimismo” ante os tempos que requiren dito proceso.
Pero estos feitos teñen consecuencias materiais para o estudantado e as suas familias, xa que, atraídas pola noticia de que so ían ter que pagar un ano, as compañeiras do primeiro curso atopáronse cunha realidade moi distinta: non sabemos canto vai durar esta situación de limbo burocrático. Ademais, será o estudantado o que terá que soster a financiación do grao ata que se resolva esta problemática. Isto implica o pago de taxas que ascenden ata preto de 3.000
euros, como mínimo, e que continuan a aumentar cada ano. Do mesmo xeito, isto truncou os planes educativos de estudantes xa cursando a carreira, así como de persoas que contaban con acceder ó grao no curso 26 – 27. Este cambio vese agravado pola falta de transparencia e de información públicamente accesible sobre a situación na que nos atopamos.
Por todo isto, dende Matrícula 0 esiximos:
-Unha igualdade de condicións para o estudantado de Traballo Social co resto do
estudantado da USC en materia económica, de representación do estudantado, e
todas as demais áreas relevantes; a partir do ano académico 2026-27.
–Transparencia por parte das partes implicadas no proceso de desascripción. Non
imos seguir permitindo que o estudantado de Traballo Social sexa tratado como un
axente secundario no proceso de integración do centro no sistema público, senon que
queremos estar implicados activamente nel.
matricula_0
Asemblea estudiantil da EUTS






